Thursday 16 de May de 2024

Este mércores charla sobre a atención social ás persoas enfermas de cancro, organizada pola xunta local da AECC


A xunta local de Ordes da AECC ten organizado para este vindeiro mércores, 11 de abril, unha nova charla informativa. Nela abordaranse aspectos e cuestións relacionadas coa atención social ás persoas enfermas de cancro. O lugar de celebración será o salón de plenos, situado nos baixos da alameda, ás 18 horas. Nesta ocasión contarase coa participación de Paula Romero López, traballadora social da AECC.

Para calquer tipo de información adicional pódese chamar ao teléfono 981142740 ou ben facer uso do correo electrónico acoruna@aecc.es. Novamente o Concello de Ordes colabora na posta en marcha desta iniciativa.